Publicacións

Grazas, Patrulla Apadriña!

Imaxe
E chegamos ao final dun atípico curso. Quedáronnos cousas no tinteiro, pero sen dúbida, non só lembraremos o curso 2019/2020 polo coronavirus, senón tamén por ser o curso no que nos convertemos na Patrulla Apadriña. Xunt@s aprendemos moito sobre as mascotas,   coñecemos ás vosas, comprendimos que a mellor forma de que chegan ás nosas vidas é mediante a adopción en lugar de compra, e mesmo fixemos felices a un montón de peludiños coas aportacións da recollida solidaria que tan ben xestionastes. Estamos moi orgullosas de vós, Patrulla Apadriña. Moitísimas grazas polo voso interese. Misión cumprida!!!  

As cabras de Breogán

O coronavirus impediunos facer a visita que tiñamos prevista á granxa de cabras do noso compañeiro Breogán, de 2ºB. Pero temos que agradecerlle a súa xenerosidade por enviarnos unhas imaxes coas que podemos facernos unha idea da fantástica visita que, se todo vai ben, intentaremos poder facer o próximo curso. Graciñas Breogán e familia!

As profesións caninas

Imaxe
A pesar de estar cada un na súa casiña, atopamos a forma de seguir traballando activamente na Patrulla Apadriña. Desta vez, con motivo do Día do Traballo, fixemos un vídeo informativo sobre distintas profesións que poden levar a cabo os cans e cadelas. Como o fixemos? Cada un/unha recibiu unha parte do guión e gravou un audio co seu trociño de texto. Logo as mestras fixeron un pouquiño de maxia e... Quedounos este documental tan chulo!

Rescatamos un paxariño

Imaxe
Agora que temos que estar na casiña durante un tempo e non podemos continuar co noso proxecto, é o tempo de rescatar anécdotas que teñen que ver coa nosa labor pero que xurdiron inesperadamente. Lembrades o día que estando no patio Iago escoitou a un paxariño piando e decatouse de que estaba atrapado na alcantarilla? Enseguida pediu axuda para rescatalo. O conserxe levantou a tapa e con moito coidado conseguiu collelo. Era tan só unha cría! E non podía voar... Tod@s querían velo de cerca. Pero era o momento de devolvelo ao seu lugar. Conseguimos atopar o niño do que se caera, e con moito coidado e a axuda dunha escaleira, a profe depositouno nel. Que alegría! Misión cumprida!

Visita ó veterinario!

Imaxe
Para coñecer de primeira man os coidados que precisan as nosas mascotas... que mellor que  visitar unha clínica veterinaria ?   Así pois, a semana pasada,os nenos e nenas da Patrulla Apadriña fomos visitar a clínica veterinaria Canis , que está en Ponteareas, moi preto do noso cole.  O veterinario, Isidoro, ensinounos as dúas salas de espera e as dúas consultas que hai.  Sabedes por que hai dúas de cada? Porque unha é para cans e outra para gatos.   Durante o noso tour pola clínica veterinaria puidemos ver o quirófano . Sen dúbida esta foi a parte que máis nos gustou, pois todo nos chamaba a atención e non parabamos de facer preguntas.     Outra cousa que tamén nos gustou moito foi poder ver radiografías de animais. A verdade é que nunca viramos ningunha, e ver a cadeliñas embarazadas foi moi fermoso! Ademais de visitar a clínica veterinaria Canis , Isidoro tamén nos ensinou a tenda de mascotas Animalia , que está ao seu carón. Alí pódense me

As nosas mascotas visitan o cole

Imaxe
Hai pouco, tivemos a sorte de compartir un día de cole con algunhas das mascotas dos membros da Patrulla Apadriña. Grazas a isto, aprendemos moito sobre a súa alimentación, os seus coidados, curiosidades... A verdade é que pasamos unha mañá espectacular! A continuación presentámosvos a: O simpático ourizo de Iyán, de 2ºB A gran tartaruga de Martina, de 2ºB O curioso coelliño de Iyán, de 2ºB O adorable cabritiño de Breogán, de 2ºB O simpático hámster de Rubén, de 2ºB A fermosa gatiña de Daniela, de 2ºC O periquito cantarín de Iria, de 2ºC A pequena tartaruga de Iciar, de 2ºC Para ensinarnos cousas sobre o cabritiño e a gata, tivemos a sorte de contar cos pais de Breogán e coa avoa de Daniela, que resolveron encantados as nosas dúbidas. O resto de mascotas foron presentadas polos seus orgullosos donos, que tamén souberon explicar moi ben as particularidades dos seus animais de compañía

Decálogo para adoptar un can

Imaxe
Os cans son as mascotas máis comúns. A continuación deixámosvos as dez normas máis importantes que hai que cumprir para poder ter un can. 1. Decidide entre toda a familia que queredes adoptar un can ou non. Unha mascota é unha gran responsabilidade para todos. 2. Pedide información no veterinario sobre as vacinas, a alimentación e os coidados que precisa o animal. 3. Preparade un lugar onde poida durmir. Cun coxín ou cunha manta, a vosa mascota estará cómoda e abrigada. 4. Conseguide dous recipientes distintos: un para a auga e o outro para a comida que vos recomende o veterinario. 5. Facédevos cunha correa apropiada ao seu tamaño para sacalo a pasear. 6. Cando vaiades de paseo , non esquezades levar unha bolsiña para poder recoller os seus excrementos e evitar, dese xeito, que manche a rúa ou o parque. 7.Bañádeo cando lle cumpra. Iso axudará ó voso animal a ter boa saúde. 8. Prestádelle atención ao seu estado de ánimo , se o vedes triste ou sen enerxía, le