Decálogo para adoptar un can


Os cans son as mascotas máis comúns. A continuación deixámosvos as dez normas máis importantes que hai que cumprir para poder ter un can.

1.Decidide entre toda a familia que queredes adoptar un can ou non. Unha mascota é unha gran responsabilidade para todos.

2.Pedide información no veterinario sobre as vacinas, a alimentación e os coidados que precisa o animal.

3.Preparade un lugar onde poida durmir. Cun coxín ou cunha manta, a vosa mascota estará cómoda e abrigada.
4.Conseguide dous recipientes distintos: un para a auga e o outro para a comida que vos recomende o veterinario.
5.Facédevos cunha correa apropiada ao seu tamaño para sacalo a pasear.
6.Cando vaiades de paseo, non esquezades levar unha bolsiña para poder recoller os seus excrementos e evitar, dese xeito, que manche a rúa ou o parque.
7.Bañádeo cando lle cumpra. Iso axudará ó voso animal a ter boa saúde.
8.Prestádelle atención ao seu estado de ánimo, se o vedes triste ou sen enerxía, levádeo á clínica veterinaria.
9.Xogade moito con el. A vosa compañía é fundamental para que medre san e feliz.
10.E o máis importante: dádelle moito cariño! O voso can será un amigo que non vos fallará nunca.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Visita ó veterinario!

As nosas mascotas visitan o cole

As cabras de Breogán