Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2020

Organizamos unha recollida solidaria!

Imaxe
Como xa vos adiantamos noutra publicación, quixemos agradecer a visita da Protectora de Animais Os Biosbardos, da nosa localidade, organizando unha recollida solidaria.    Para levala a cabo, pedímoslle colaboración a todo o cole, xa que pensamos que entre tod@s sería posible axudar moito máis! Para organizar esta recollida solidaria, o primeiro paso foi a creación do cartel . Entre tod@s, eliximos as imaxes que máis nos gustaban e a información que precisabamos poñer. E a verdade... o deseño quedounos ben chulo!   Unha vez feito o cartel, organizámonos para ir visitar aos nosos compañeir@s aula por aula e contarlles o noso gran propósito. Aínda que estabamos un pouco nervios@s, encantounos pasar ese ratiño percorrendo o cole en busca de doazóns. E o máis importante é que saímos súper content@s porque a tod@s lles encantou a nosa idea e comprometéronse a axudarnos. Se ti tamén estás interesad

"Sultán non ten microchip"

Imaxe
As nenas e os nenos da Patrulla Apadriña sabemos que ter unha mascota supón unha  gran responsabilidade . Ademais de mantela sa e feliz , debemos garantir a súa seguridade e a do resto de animais e persoas cumprindo a lexislación sobre identificación individual con microchips , que permite saber datos básicos do animal e dos seus donos.  Posto que os cans adoitan ser a mascota preferida dos máis pequen@s, é importante transmitirlles desde ben nov@s as responsabilidades e obrigas que require ter un can, neste caso relacionadas coa súa identificación, ao tempo que se lles dá a coñecer as vantaxes que ten a implantación do microchip para todos: animais, donos e sociedade en xeral.  Para traballar a identificación individual con microchips para todos os cans e cadelas, adicamos durante unha semana a Hora de Ler a  ler tod@s xunt@s na pantalla dixital da Biblioteca o libro de Os Bolechas " Sultán non ten microchip " . Deixámolo por aquí para que podades lel