Visita ó veterinario!





Para coñecer de primeira man os coidados que precisan as nosas mascotas... que mellor que
 visitar unha clínica veterinaria?
 
Así pois, a semana pasada,os nenos e nenas da Patrulla Apadriña fomos visitar a clínica veterinaria Canis, que está en Ponteareas, moi preto do noso cole. 

O veterinario, Isidoro, ensinounos as dúas salas de espera e as dúas consultas que hai. 
Sabedes por que hai dúas de cada? Porque unha é para cans e outra para gatos.


 
Durante o noso tour pola clínica veterinaria puidemos ver o quirófano. Sen dúbida esta foi a parte que máis nos gustou, pois todo nos chamaba a atención e non parabamos de facer preguntas.




 

 Outra cousa que tamén nos gustou moito foi poder ver radiografías de animais. A verdade é que nunca viramos ningunha, e ver a cadeliñas embarazadas foi moi fermoso!



Ademais de visitar a clínica veterinaria Canis, Isidoro tamén nos ensinou a tenda de mascotas Animalia, que está ao seu carón. Alí pódense mercar cousas necesarias para os coidados das mascotas: alimentos, produtos específicos para cada animal, xoguetes...

Ademais, alí puidemos ver cobaias, hámsteres, periquitos, canarios, agapornis, tartarugas e un montón de peixes!
 Isidoro foinos explicando que coidados necesitaba cada animal e incluso nos ensinou as instalacións necesarias e o funcionamento das peixeiras. E claro, nós non dubidamos en meternos ata a cociña!

Aquí tedes un vídeo resumo da nosa experiencia:

Foi unha visita do máis interesante. E ata nos agasallaron cunha bolsiña de tea ideal!
Moitas grazas Isodoro!
 
Páxina web da clínica veterinaria Canis: https://clinicacanis.com/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O libro das nosas mascotas.

As cabras de Breogán