Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2020

Decálogo para adoptar un can

Imaxe
Os cans son as mascotas máis comúns. A continuación deixámosvos as dez normas máis importantes que hai que cumprir para poder ter un can. 1. Decidide entre toda a familia que queredes adoptar un can ou non. Unha mascota é unha gran responsabilidade para todos. 2. Pedide información no veterinario sobre as vacinas, a alimentación e os coidados que precisa o animal. 3. Preparade un lugar onde poida durmir. Cun coxín ou cunha manta, a vosa mascota estará cómoda e abrigada. 4. Conseguide dous recipientes distintos: un para a auga e o outro para a comida que vos recomende o veterinario. 5. Facédevos cunha correa apropiada ao seu tamaño para sacalo a pasear. 6. Cando vaiades de paseo , non esquezades levar unha bolsiña para poder recoller os seus excrementos e evitar, dese xeito, que manche a rúa ou o parque. 7.Bañádeo cando lle cumpra. Iso axudará ó voso animal a ter boa saúde. 8. Prestádelle atención ao seu estado de ánimo , se o vedes triste ou sen enerxía, le

Misión cumprida!

Imaxe
Despois de varios días vendo como os nosos compañeir@s traían as súas bolsiñas con cousas para a nosa recollida solidaria, estabamos ansios@s por saber cal sería o resultado final!  Por fin chegou o 30 de xaneiro, a data que sinalamos como último día para facer doazóns. A Patrulla Apadriña tiña nova misión: ir cada un á clase á que informara da campaña, pero esta vez para recoller o que nos tiveran preparado. Decidimos preparar unhas medallas para agradecer a cada grupo a súa colaboración.    Coas medallas feitas e con moitas ganas, comezamos a ruta.   Despois de percorrer todo o cole recollendo as cousas, tocaba facer reconto, e o resultado foi... incrible! quilos e quilos de alimento para cans e gatos, produtos de limpeza, correas, xoguetes...mesmo un traxeciño!   Dentro duns días acudirán ao cole algúns voluntari@s da protectora para recoller todo o que xuntamos. Estamos tan orgullos@s de poder aporta