Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2019

Comezamos a aventura!

Imaxe
Benvidos ao noso blogue. Somos as nenas e nenos das tres clases de 2º de Primaria do CEIP Nosa Señora dos Remedios, que unimos as nosas forzas para levar a cabo un fermoso proxecto en común, a "Patrulla Apadriña".  O obxectivo principal deste proxecto é a sensibilización sobre a necesidade de dar un bo trato aos animais. Será obxecto da nosa análise desde a forma en que unha mascota chega ás nosas vidas (adopción, acollida...), os seus coidados básicos (alimentación, hixiene, saúde, amor...), as profesións relacionadas cos animais, a importancia da labor das protectoras, etc. Ademais, dende a Patrulla Apadriña participaremos en diversas iniciativas que terán como finalidade a mellora da calidade de vida dos animaliños da nosa localidade, a través da nosa colaboración coa protectora de animais de Ponteareas "Os Biosbardos". Pronto comezaremos a contarvos as nosas aventuras... Moi atent@s!