Grazas, Patrulla Apadriña!


E chegamos ao final dun atípico curso.
Quedáronnos cousas no tinteiro, pero sen dúbida, non só lembraremos o curso 2019/2020 polo coronavirus, senón tamén por ser o curso no que nos convertemos na Patrulla Apadriña.

Xunt@s aprendemos moito sobre as mascotas,  
coñecemos ás vosas, comprendimos que a mellor forma de que chegan ás nosas vidas é mediante a adopción en lugar de compra, e mesmo fixemos felices a un montón de peludiños coas aportacións da recollida solidaria que tan ben xestionastes.

Estamos moi orgullosas de vós, Patrulla Apadriña.
Moitísimas grazas polo voso interese.
Misión cumprida!!!

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Visita ó veterinario!

O libro das nosas mascotas.

As cabras de Breogán