Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2019

Unha visita moi especial

Imaxe
Hai uns días recibimos unha visita moi especial para nós. Unha das cousas que máis ilusión nos fai do noso proxecto é poder coñecer novas formas coas que poder axudar aos animais.  Por dita razón, recibimos no noso cole a visita de dúas voluntarias da Protectora de Animais "Os Biosbardos" , a protectora da nosa localidade. Ademais, viñeron moi ben acompañadas, con tres dos cadeliños que viven alí. Explicáronnos en que consiste o traballo dos voluntarios e voluntarias da protectora, ademais da gran importancia das acollidas , das adopcións e mesmo dos apadriñamentos .  Foi moi enriquecedor, xa que ademais tamén nos ensinaron curiosidades sobre a linguaxe corporal dos cans e dos gatos , datos para o correcto coidado das mascotas , e, a parte que máis nos impactou: o antes e o despois de animais que foron recollidos en moi malas condicións e lograron sacar adiante.  Tivemos a ocasión de poder interactuar cos peludiños, que estaban desexando xogar con nós.

O libro das nosas mascotas.

Imaxe
Benvid@s un día máis ao Blog da Patrulla Apadriña. Hoxe traémosvos unha entrada moi especial para nós! Queremos presentarvos... AS NOSAS MASCOTAS!!!! Para que poidades coñecelas, fixemos un libro sobre elas, no que ademais de incluir as súas fotos, tamén vos contamos cousiñas sobre elas: como se chaman, que comen, como chegaron ás nosas vidas...  Podedes atopar o libro na biblioteca do cole. Así mesmo, tamén fixemos un vídeo con todas as fotos. Como banda sonora para este vídeo empregamos a canción  " Solo si es contigo " de Bombai e Bebe. Esta canción ten un significado especial, xa que busca concienciar á sociedade sobre a necesidade de adoptar animais , fronte á compra. Xunto á profe Lucía, en Música, estivemos traballando esta canción. Escoitámola, bailámola e reflexionamos sobre o seu profundo significado.  Agardamos que vos guste!