As nosas mascotas visitan o cole

Hai pouco, tivemos a sorte de compartir un día de cole con algunhas das mascotas dos membros da Patrulla Apadriña. Grazas a isto, aprendemos moito sobre a súa alimentación, os seus coidados, curiosidades... A verdade é que pasamos unha mañá espectacular!

A continuación presentámosvos a:








O simpático ourizo de Iyán, de 2ºB













A gran tartaruga de Martina, de 2ºB






O curioso coelliño de Iyán, de 2ºB






O adorable cabritiño de Breogán, de 2ºB






O simpático hámster de Rubén, de 2ºB








A fermosa gatiña de Daniela, de 2ºC









O periquito cantarín de Iria, de 2ºC








A pequena tartaruga de Iciar, de 2ºC









Para ensinarnos cousas sobre o cabritiño e a gata, tivemos a sorte de contar cos pais de Breogán e coa avoa de Daniela, que resolveron encantados as nosas dúbidas. O resto de mascotas foron presentadas polos seus orgullosos donos, que tamén souberon explicar moi ben as particularidades dos seus animais de compañía.


Velaquí vos deixamos un vídeo resumo desta fermosa mañá. Debido ao éxito da xornada, agardamos poder repetir proximamente, xa que moitos dos nenos e nenas tamén queren compartir un día de escola coas súas mascotas. 
Grazas familias pola vosa colaboración :)




 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Visita ó veterinario!

O libro das nosas mascotas.

As cabras de Breogán