Rescatamos un paxariño

Agora que temos que estar na casiña durante un tempo e non podemos continuar co noso proxecto, é o tempo de rescatar anécdotas que teñen que ver coa nosa labor pero que xurdiron inesperadamente.
Lembrades o día que estando no patio Iago escoitou a un paxariño piando e decatouse de que estaba atrapado na alcantarilla?
Enseguida pediu axuda para rescatalo.
O conserxe levantou a tapa e con moito coidado conseguiu collelo.
Era tan só unha cría! E non podía voar...


Tod@s querían velo de cerca. Pero era o momento de devolvelo ao seu lugar.
Conseguimos atopar o niño do que se caera, e con moito coidado e a axuda dunha escaleira, a profe depositouno nel.
Que alegría!
Misión cumprida!




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Visita ó veterinario!

O libro das nosas mascotas.

As cabras de Breogán