As profesións caninas




A pesar de estar cada un na súa casiña, atopamos a forma de seguir traballando activamente na Patrulla Apadriña.
Desta vez, con motivo do Día do Traballo, fixemos un vídeo informativo sobre distintas profesións que poden levar a cabo os cans e cadelas.
Como o fixemos?
Cada un/unha recibiu unha parte do guión e gravou un audio co seu trociño de texto.
Logo as mestras fixeron un pouquiño de maxia e...
Quedounos este documental tan chulo!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Decálogo para adoptar un can

As cabras de Breogán

Grazas, Patrulla Apadriña!