Misión cumprida!
Despois de varios días vendo como os nosos compañeir@s traían as súas bolsiñas con cousas para a nosa recollida solidaria, estabamos ansios@s por saber cal sería o resultado final!
Por fin chegou o 30 de xaneiro, a data que sinalamos como último día para facer doazóns. A Patrulla Apadriña tiña nova misión: ir cada un á clase á que informara da campaña, pero esta vez para recoller o que nos tiveran preparado. Decidimos preparar unhas medallas para agradecer a cada grupo a súa colaboración.
Coas medallas feitas e con moitas ganas, comezamos a ruta.
Despois de percorrer todo o cole recollendo as cousas, tocaba facer reconto, e o resultado foi... incrible! quilos e quilos de alimento para cans e gatos, produtos de limpeza, correas, xoguetes...mesmo un traxeciño!
Dentro duns días acudirán ao cole algúns voluntari@s da protectora para recoller todo o que xuntamos. Estamos tan orgullos@s de poder aportar o noso gran de area a esta causa! So podemos dicir: GRAZAS.
Comentarios
Publicar un comentario