Unha visita moi especial
Hai uns días recibimos unha visita moi especial para nós. Unha das cousas que máis ilusión nos fai do noso proxecto é poder coñecer novas formas coas que poder axudar aos animais.
Por dita razón, recibimos no noso cole a visita de dúas voluntarias da Protectora de Animais "Os Biosbardos", a protectora da nosa localidade. Ademais, viñeron moi ben acompañadas, con tres dos cadeliños que viven alí.

Explicáronnos en que consiste o traballo dos voluntarios e voluntarias da protectora, ademais da gran importancia das acollidas, das adopcións e mesmo dos apadriñamentos.
Foi moi enriquecedor, xa que ademais tamén nos ensinaron curiosidades sobre a linguaxe corporal dos cans e dos gatos, datos para o correcto coidado das mascotas, e, a parte que máis nos impactou: o antes e o despois de animais que foron recollidos en moi malas condicións e lograron sacar adiante.

Tivemos a ocasión de poder interactuar cos peludiños, que estaban desexando xogar con nós.
Ademais, tamén tivemos o noso turno para facer preguntas ou compartir as nosas experiencias con mascotas.
Aquí tedes un vídeo resumo coas imaxes deste día tan especial:

Quedamos tan agradecid@s coa visita, que decidimos levar a cabo unha recollida solidaria no cole para poder aportar o noso gran de area a esta gran labor.
Pronto vos contaremos máis!
Comentarios
Publicar un comentario