"Sultán non ten microchip"
As nenas e os nenos da Patrulla Apadriña sabemos que ter unha mascota supón unha gran responsabilidade.
Ademais de mantela sa e feliz, debemos garantir a súa seguridade e a do resto de animais e persoas cumprindo a lexislación sobre identificación individual con microchips, que permite saber datos básicos do animal e dos seus donos.
Posto que os cans adoitan ser a mascota preferida dos máis pequen@s, é importante transmitirlles desde ben nov@s as responsabilidades e obrigas que require ter un can, neste caso relacionadas coa súa identificación, ao tempo que se lles dá a coñecer as vantaxes que ten a implantación do microchip para todos: animais, donos e sociedade en xeral.
Para traballar a identificación individual con microchips para todos os cans e cadelas, adicamos durante unha semana a Hora de Ler a ler tod@s xunt@s na pantalla dixital da Biblioteca o libro de Os Bolechas "Sultán non ten microchip".
Deixámolo por aquí para que podades lelo sempre que queirades:
Comentarios
Publicar un comentario