Organizamos unha recollida solidaria!

Como xa vos adiantamos noutra publicación, quixemos agradecer a visita da Protectora de Animais Os Biosbardos, da nosa localidade, organizando unha recollida solidaria. 

 Para levala a cabo, pedímoslle colaboración a todo o cole, xa que pensamos que entre tod@s sería posible axudar moito máis!

Para organizar esta recollida solidaria, o primeiro paso foi a creación do cartel. Entre tod@s, eliximos as imaxes que máis nos gustaban e a información que precisabamos poñer. E a verdade... o deseño quedounos ben chulo!


 Unha vez feito o cartel, organizámonos para ir visitar aos nosos compañeir@s aula por aula e contarlles o noso gran propósito. Aínda que estabamos un pouco nervios@s, encantounos pasar ese ratiño percorrendo o cole en busca de doazóns. E o máis importante é que saímos súper content@s porque a tod@s lles encantou a nosa idea e comprometéronse a axudarnos.





Se ti tamén estás interesad@ en axudarnos, podes traer ao cole penso de can ou gato, alimento húmido (latas), salchichas... Tamén serán benvidas pipetas, collares, correas ou produtos de limpeza (sacos de lixo grandes, guantes, lixivia...)
O último día para traelos será o 30 de xaneiro, non te esquezas! Xuntos poderemos axudar a moitos animaliños sen fogar.
Na próxima publicación, faremos balance de todo o recaudado. Moitas grazas por axudarnos!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Decálogo para adoptar un can

As cabras de Breogán

Grazas, Patrulla Apadriña!