O libro das nosas mascotas.

Benvid@s un día máis ao Blog da Patrulla Apadriña.
Hoxe traémosvos unha entrada moi especial para nós!
Queremos presentarvos...


AS NOSAS MASCOTAS!!!!

Para que poidades coñecelas, fixemos un libro sobre elas, no que ademais de incluir as súas fotos, tamén vos contamos cousiñas sobre elas: como se chaman, que comen, como chegaron ás nosas vidas... 


Podedes atopar o libro na biblioteca do cole.



Así mesmo, tamén fixemos un vídeo con todas as fotos. Como banda sonora para este vídeo empregamos a canción "Solo si es contigo" de Bombai e Bebe. Esta canción ten un significado especial, xa que busca concienciar á sociedade sobre a necesidade de adoptar animais, fronte á compra.
Xunto á profe Lucía, en Música, estivemos traballando esta canción. Escoitámola, bailámola e reflexionamos sobre o seu profundo significado. 




Agardamos que vos guste!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Decálogo para adoptar un can

As cabras de Breogán

Grazas, Patrulla Apadriña!